amigus.org)O conxunto da Pontenova non lle puxo fácil a vitoria ó cadro das
Pontes, xa que se defendeu con moita orde, destacando o gran labor do
veterano Josiño, antigo xogador do Autos Puentes, quen ós seus 42 anos
aínda se atopa nunha excelente forma física. Os visitantes adiantáronse
no marcador ós nove minutos de xogo. Pero, a alegría durou pouco, xa que
dous minutos despois Bolly nunha gran xogada establecía o empate. A
piques estivo de marcar Josiño o 1-2, pero o seu lanzamento foi ó
longueiro. No segundo tempo o Esteo pasou a dominar a un Rececende que
se encerraba na súa parcela esperando a saír ó contragolpe. Moitas foron
as ocasións que tiveron os ponteses, pero os seus atacantes non
estiveron moi afortunados. Ós sete minutos Rubi poñía o 2-1. Seguiron as
oportunidades, incluso un dobre penalti que lanzou fóra Bolly. A cinco
minutos do final os visitantes sacan porteiro-xogador, pero, nun
contragolpe visitante, Fran rouba un balón e dende o seu propio campo
lanza un forte disparo que se cola pola escuadra esquerda da portería
visitante, que se atopaba baleira. Cando todo parecía que o 3-1 sería o
resultado definitivo, Edu, que estaba facendo a labor de porteiro, colle
un balón no seu campo e chántase diante da porta de Niceto, despois de
driblar a varios contrarios, e marca o segundo tanto para o seu equipo,
chegándose ó final co axustado pero xusto 3-2 a prol dos ponteses que
agora están a un punto do líder, aínda que cun partido máis.
O ESTEO FS: Niceto, Pellón, Fran, Gerardo, Rubi –cinco inicial- Pelu, Gerveno, Bolly e Choto
CD RECECENDE: Juanmi, Josiño, Miguilla, Edu, Diego Lamas –cinco inicial- Girón, Javi e Pablo.
ÁRBITROS: Menéndez Nistal e Varela Señarís. Amoestaron ós visitantes Edu, Diego Lamas e Josiño.
GOLES: Min. 9 (0-1), Girón. Min. 11 (1-1), Bolly. Min. 27 (2-1), Rubi. Min. 38 (3-1), Fran. Min. 39 (3-2), Edu.
INCIDENCIAS: Partido da novena xornada da fase de ascenso a Segunda
División B disputado no pavillón municipal da Fraga, que rexistrou unha
excelente entrada, preto de catrocentos espectadores nas gradas.

Nova cortesía de A.F.
No hay comentarios:
Publicar un comentario