O equipo feminino arrancou oficialmente hai catro anos en As Pontes, e foron Paty Blanco e Yaiza Paleo as primeiras representantes na selección galega, coa que acadaron un quinto posto no Campionato de España Sub15 do 2009, e o noveno lugar no Campionato de España Sub16 do mesmo ano.
Malena regresou o pasado domingo da localidade sevillana de Bormujos co “bronce”, e como xa dixemos anteriormente, procede dunha familia de deportistas, os seus pais gañaron o Descenso Internacional do Sella, Javier e Obdulia en K2 Mixto, e Obdulia repetiu con Susana Bellas en K2 Feminino, o seu tío Felipe adestrou o CD As Pontes, o seu tío Carlos, mundialista e actual seleccionador español de Kaiak Polo, ou o seu tío Andrés, tamén piragüista, anque ela asegura non saber moito das súas andanzas.
A selección galega alevín comezou a planificarse cunha primeira lista de 56 xogadoras, das que pouco a pouco se foron facendo cribas ata chegar á lista definitiva de 14 xogadoras, nas que ela “non me imaxinaba poder estar”. No seu tempo libre durante o torneo, e dada a proximidade de Bormujos con Sevilla “acudimos a ver o Estadio Sanchez Pizjuán, onde xoga o Sevilla F.C., e tamén a cidade de Sevilla”. As compañeiras coas que máis amizade fixo foron “María do Cariño, Inés e Sara, ambas do Vila do Corpus, e Teresa, do Lérez”, anque por calidade destacaría “á propia Teresa, Laura do Santa Mariña e Rosalía do Salesianos”. En canto á competición en si, na tanda de penaltis contra Cataluña na que tivo a responsabilidade de todo o equipo sobre as súas costas e estivo a pouco de parar dous, sinala que “as catalanas colocaban moi ben o balón, todos hacia os lados, un casi vai ó poste, pero non puido ser”. Sobre a calidade das rivais apunta que “Cataluña tiña o mellor equipo, sobre todo a número 10, María Llompart, que era do Barça, pero na final vironse sorprendidas por Navarra, que gañou”. Para ela o mellor momento dun torneo no que foi a única porteira que non recibiu ningún gol en tempo regulamentario foi “unha parada que lle fixen coa cara a unha xogadora de Andalucía, elas eran as campionas do ano pasado, e a punto estiveron de empatar, pero ó final gañamos 1-0 e clasificamonos”. Anque Malena confesanos un detalle insólito por parte da organización “anque quedamos de terceiras e nos correspondía a medalla de bronce, non nos deron nada, tan so lle deron un trofeo ó primeiro e o segundo clasificado”.
Malena coa selección galega durante o Campionato de España
Malena contanos que comezou a xogar a fútbol “ós seis anos, deixandoo
por un ano e medio ata que volvín a xogar”, e en ese momento o seu pai
fai un inciso “a nai gustaballe que fixera ximnasia rítmica, pero ela
utilizaba a pelota de ximnasia para darle patadas, o seu era o fútbol”.
Despois de case cinco anos xogando cos seus compañeiros di estar
totalmente integrada e moi a gusto, incluso ante a posibilidade de
entrar a formar parte do equipo feminino cando cumpra 13 anos Malena di
que de momento “prefiro xogar cos meus compañeiros de equipo de toda a
vida”. Ademáis de con eles, está moi contenta co seu adestrador Fontao, e
sobre esta Liga na que de momento marchan nunha meritoria cuarta praza
di que “esperamos acabar entre os tres primeiros, e logo na Copa xa se
verá, porque depende de quen che toque no grupo no sorteo”. A pesar de
ser moi pequena daquela, acordase perfectamente da conquista do título
da Liga de Ferrol Prebenxamín en 2008 xunto ós seus compañeiros, os
irmáns Pájaro, Sergio Otero, Bruno ou Alberte, entre outros, e di ter
moi bos rescordos daquel título. Naqueles comezos xogaba de dianteira, e
anque hoxe tamén xoga algún encontro nese posto, soe ser unha habitual
das porterías anque ela asegura que lle da igual “gustanme as dúas
posicións, tanto xogar de porteira como de dianteira”. Iso si, en canto a
preferencias non ten dúbidas “Quédome con Iker Casillas e co Real
Madrid”.
CD As Pontes Prebenxamín, Campión Liga de Ferrol 2007-08. Malena, primeira por abaixo
CD As Pontes Alevín 2011-12. Malena, primeira por arriba
Comentanos que un día na súa vida ven sendo como o de calquer persoa
da súa idade “levantome, vou ó colexio, logo como, fago os deberes, e se
teño actividades vou, e senón baixo a xogar, logo ceno e voume pra
cama”. Pero nin no seu tempo libre abandona o deporte, xa que entre as
súas afeccións, como ela mesma di “gustame andar en bici, e tamén xogar a
baloncesto e a fútbol sala”. O pasado xoves celebrou por todo o alto o
seu decimosegundo cumpreanos e confesanos para rematar que un regalo que
lle fixo moita ilusión foron “as espinilleiras que fai Simón”.Fotos cortesía Antón Ferreiro e Javier Mieres
No hay comentarios:
Publicar un comentario