miércoles, 28 de marzo de 2012

esteo fs-ribeira de piquin

Vitoria moi traballada do Esteo (4-1) na cuarta xornada da fase de ascenso á Segunda B ante o Ribeira de Piquín, equipo que deu unha boa imaxe no pavillón municipal da Fraga, que rexistrou unha boa entrada, uns 250 espectadores nas gradas.
O triunfo do Esteo e o empate do Bembrive en Trabada coloca ó conxunto pontés na primeira posición, con dez puntos pero con mellor coeficiente de goles cós vigueses. O encontro estivo moi igualado cun Esteo que estivo ben organizado na defensa, pero que en ataque non foi capaz de crear o seu xogo habitual e un Ribeira loitador, que nalgunhas fases dominou a situación e puido dar unha sorpresa á parroquia local. Apenas se viron claras ocasións para os dous equipos nesta primeira metade, agás os tantos de Pellón e Rubi, resultado co que se chegaría ó descanso. Na segunda parte os lugueses saíron decididos a empatar o encontro e ós seis minutos logran marcar por mediación de Kini. A partir de aí sucedéronse as ocasións para os dous equipos, pero os dous porteiros estiveron acertados nas ocasións creadas polo atacantes. A falta de tres minutos para o final o Ribeira saca porteiro-xogador, táctica que non tivo o resultado esperado. Sen embargo, nun contragolpe visitante, Pellón rouba un balón e marca o 3-1 de forte disparo e a falta de dezaseis segundos, Choto atalla un balón e o seu pase longo cólleo Rubi para establecer o 4-1 definitivo nun partido no que os visitantes mereceron algo máis. Na vindeira xornada o Esteo visita a pista do Vilamartín, terceiro na táboa clasificatoria con seis puntos.
info sacada de amigus.org

No hay comentarios:

Publicar un comentario