http://www.youtube.com/v/9RLnAHZqmoc
titulares aldrey cascudo o oso aitor franco meizoso valente o el rifle moreira en el banquillo valente o rifle moreira ,cascudo o oso.ubal de benito,cristiano calvo.iñiguez.,jato y el matador chungui diaz si al final el presidente xaime castro y carballo le dan permiso para jugar con el matojoma los encuentros que quedan de liga.no convocados peon (por decision tecnica lleva sin aparecer muchos partidos por problemas laborales) y fosko y chema por lesion. ubal mou espera ganar o hacer un buen partrido para que ubal franco no lo eche aunque ubal di matteo suena para el cargo un abrazo y nos vemos mañana a las 19 horas en el arena as pontes por su parte el tiky-taka descansa esta jornada.
Páginas
- galaxia contact
- noticias
- ENTREVISTAS
- Carbonero & Guasch
- clasific y cortizas
- patrocinadores
- resultados ultima jornada
- torneos
- top 12 top5 y mas
- la chica destacada
- premios deportepontes
- la galaxia liga veteranos futbol 7
- rumores y fichajes
- UBAL MORA SPORTS TV
- goleadores matojoma
- COPA DE LA LOCAL
- pikas y destacados copa
sábado, 28 de abril de 2012
jueves, 26 de abril de 2012
proximo partido esteo en casa 1 de mayo
MARTES 1 DE MAYO A LAS 18:30 HORAS EN EL MUNICIPAL DE AS PONTES 9ª JORNADA DEL PLAY OFF DE ASCENSO A 2ª B
O ESTEO F.S. - C.D. RECECENDE —
O ESTEO F.S. - C.D. RECECENDE —
miércoles, 25 de abril de 2012
ALEX CABARCOS E A SELECCIÓN GALEGA PERDEN A FINAL DO CAMPIONATO DE ESPAÑA NOS PENALTIS
enhoraboa a alex cabarcos e os seus compañeiros polo segundo posto e sorte na tua carreira fenomeno un forte abrazo desde deportepontes.
amigus.org A selección da Comunidade Valenciana proclamouse hoxe campiona de España de seleccións xuvenís sub18 tras vencer nos penaltis, 4-2, deixando coa mel nos beixos ó combinado galego, logo de rematar o encontro con empate a 1-1.
Comezou o partido con gol da selección valenciana, que marcou por medio de Lucas Torró, do Alcoiano, no minuto 14´, e asi acabou a primeira metade. A pouco de comezar o segundo tempo, empatou Galicia por medio dun bo tanto de falta do xogador do Racing de Ferrol, David "Jason" Remeseiro no 48´. Galicia dominou máis neste segundo período pero o marcador non se moveu ó igual que durante á prórroga.

Chegouse á fatídica lotería dos penaltis e aqui os da Comunidade Valenciana estiveron máis atinados, levando o trofeo á casa. Marcaron por eles Cámara, Salom, Vicente e Diego López o último, fallando Cifu o cuarto, pero por Galicia, a pesar de que marcaron Goldar e Varela, fallaron Fariña e Remeseiro, polo que o quinto penalti lanzado polos valenciáns resultou decisivo.
Brillante papel de Galicia que gañou sucesivamente na primeira fase ó País Vasco (1-0), Extremadura (4-2), na segunda rolda a Aragón (4-1), empate con Cataluña (0-0), pra chegar á fase decisiva derrotando a Cataluña a domicilio (1-0), pra acabar sucumbindo ante a Comunidade Valenciana únicamente na quenda de penaltis.
O pontés Alex Cabarcos, co que intentaremos falar nos próximos días, xogou os 90 minutos nas semifinais e na final, dun equipo galego que xogou con David Gómez, Marcos González (Emilio Abal (45´), Alex Cabarcos, Jorge Callón, David Goldar, Sergio González, Jordán Domínguez, Jose L Varela, JuanPa Barros (Eloy Fariña 69´), Brais Abelenda (David Remeseiro 36´), Dani Iglesias (Karim Herrero 61´).




Fotos cortesía Federación Catalana de Fútbol
Nova cortesía de Xose Ferreiro
ALEX CABARCOS E A SELECCIÓN GALEGA CLASIFICANSE PRA A FINAL DO CAMPIONATO DE ESPAÑA QUE XOGARÁN CONTRA A C.VALENCIANA
AMIGUS.ORG
Tras unha primeira metade de dominio e ocasións catalanas pasouse á segunda onde os galegos se foron facendo co control do encontro e das oportunidades ata que no minuto 89´o xogador do Arousa Eloy Fariña anotaba o tanto que daba o pase á selección galega á final.
Xogaron por Galicia, David Gómez, Marcos González, Alex Cabarcos, Jorge Callon, David Goldar, Jose L Varela (Eloy Fariña 76), Jordan Domínguez, Dani Iglesias (Alberto Rey 89), Juan Barros (Brais Abelenda 83), Karim Herrero (David Remeseiro 46) e Sergio González. Moi meritorio ademáis si se teñen en conta as ausencias dos célticos Jonathan Castro e Rubén Blanco.
A selección galega afrontará o domingo ás 11:30 unha gran final na que se enfrontará á C.Valenciana que hoxe gañou 0-4 a Castela A Mancha. Destacar na selección valenciana entre outros ó dianteiro Juan Delgado (Valencia), o medio esquerdo Cámara (Villarreal), ademáis do lateral esquerdo valencianista Gayá.

Nova cortesía de Xose Ferreiro
Ruta en piragua o 29 de abril
amigus.org
A saida será ás 10:00 dende Somede, e a chegada no mesmo lugar hacia o mediodia, dependendo da metereoloxía do dia.
Non e necesario saber andar en piragua pois o club dispón de piraguas autovaciables moi estables. O único imprescindible é saber nadar e levar roupa que se poda mollar e ganas de pasalo ben.
O percorrido total será duns 5 kms e está dirixido a maiores de 14 anos, ainda que os pais e nais que queran poden traer rapaces máis pequenos, sempre que vaian na mesma piragua.

A participación será gratuita para socios do Grupo Xuvenil e ten un precio de 10€ para non socios, que deberán ser ingresados na conta do club 2080/ 0230/ 61/ 3040004767 en NovaGalicaBanco (Caixa Galicia ou CaixaNova).
A inscripcións ata o dia 26 nas instalacións do Club, no Polideportivo Municipal ou por email en xuvenil@gmail.com (indicando nome, DNI, teléfono de contacto e email).
Animadevos a facer deporte e coñecer un pouco más o noso concello.
GRUPO XUVENIL PIRAGÜISMO AS PONTES
O Clube Sílex no Campionato de España de Clubes e no Gran Premio de España Cidade de Boadilla del Monte
Polo bo resultado, os arqueiros e a directiva do Sílex, volven a inscribir o equipo na competición estatal. Formarán neste os mesmos cinco integrantes do 2011: Miguel Alvariño, Jacobo Barro, Xaquín Mira, Adriano Romero e Carlos Iván Romero. O campionato desenrólase en dúas fases, unha primeira clasificatoria que consta de dúas competicións (GPE Cidade Boadilla del Monte eGPE Cidade de Lleida) e unha fase final do campionato que se celebra en Lleida entre os 16 mellores equipos da primeira fase.
Desprazaranse tres arqueiros a disputar o primeiro G.P.E. e coa intención de deixar ao Sílex nunha posición cómoda dentro da clasificatoria. Ditos arqueiros son Xaquín Mira, Miguel Alvariño e Carlos Iván Romero que viaxarán acompañados por Manuel Buitrón, presidente e entrenador do Clube Sílex.
C.D. AS PONTES: RESULTADOS DA FIN DE SEMANA
Sufrida vitoria do equipo cadete, 0-1 (gol de Iván Carballeira), ante o Amistade de Meirás, o que sen embargo case lle garante o terceiro posto, a falta de tres xornadas. A semana que ven precisamente visitan ó Numancia en Ares, que vai cuarto, oito puntos por detrás.
Vitoria do equipo infantil, tamén por 0-1 (gol de Josiño), ante o Galicia Caranza, que o consolida na quinta posición a falta de catro xornadas, con 30 puntos. Tamén precisamente recibirán ó cuarto clasificado Numancia de Ares, que ten 31, o vindeiro sábado.
Sensacional triunfo do alevín A de Fontao, que gañou 8-1 ó cuarto clasificado, Galicia Caranza B, que o alonxa a tres puntos. Goles de Bruno (2), Fraga (2), Cazás, Barro, Sergio Otero e Diego Criado. Como só queda unha xornada e favorécelles o goal average, pois en Ferrol perderon 6-1, aseguran matematicamente a terceira praza con 58 puntos, pois tamén aínda que o Amistade de Meiras sumara na derradeira xornada 58 puntos, seguiría gañando o As Pontes nun hipotético triplo empate entre os tres conxuntos ou no goal average particular ante os de Valdoviño. O As Pontes rende visita ó segundo clasificado Perlío, sendo xa o campión matemático o Eume B.

Gran vitoria do alevín B por 0-2 (goles de Mateo e Germán) ante o Galicia Caranza E, o que os sitúa décimos con dezaseis puntos, antes de pechar a liga recibindo ó pechacancelas, Cedeira B.
O benxamín A venceu 1-3 ó Xuventude Cabanas, e son sextos con 38 puntos, pechando a liga na casa ante o Portuarios B. Xan anotou dous goles e Nono un.
O benxamín B empatou a catro goles ante o derradeiro clasificado, Racing San Pedro B, logo de remontar 1-4 adverso. Pecharán a liga visitando ó segundo clasificado, Narón BP. Marcaron por partida dobre Joan e Jandro (foto).
















O Galicia de Caranza venceu 4-1 ó As Pontes prebenxamín A, resultado que o relega á oitava praza con 41 puntos recibindo no derradeiro encontro ó San Sadurniño.
O Prebenxamín B perdeu 0-4 ante o Galicia de Caranza C, cuarto na clasificación. Na derradeira xornada de liga visita ó Galicia de Mugardos.




















Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.
SEGUNDA REXIONAL: CD AS PONTES 1 AD MIÑO 1
amigus.org
Pra o partido de hoxe contou Iván Rodríguez con varios xogadores do equipo xuvenil, tendo en conta o parón ligueiro desta fin de semana por mor do Campionato de España Xuvenil sub18 no que Alex Cabarcos logrou unha valiosísima medalla de prata coa selección galega. Iván convocou a Fran Prieto "Totti", Isma Prieto "Palas", Javi, e ademáis contou co porteiro do primeiro equipo Iván Parapar.
Destacar a volta a casa de Adrián Varela Ramil (22-10-1991), o porteiro que xogou no xuvenil pontés de División de Honra e na selección galega sub18 cun ano menos, ou que nunha gloriosa quenda de penaltis parou varios, o que, entre outras cousas, acabou valendo o título de Copa Cadete o equipo pontés ante o Cedeira en 2007.

Tras unha primeira metade con empate a cero, nada máis comezar o segundo tempo o equipo visitante poñíase por diante, tras un bo quiebro co que o dianteiro se desfai do defensa, ante a saída de Iván tira e entra o balón tras bater no poste, 0-1, xarro de auga fría e tocaba remar contra corrente.
Quedaba case todo o segundo tempo por diante e intentouno o equipo azul, que tampouco conseguiu chegar con excesivo perigo e apenas resaltar un par de remates de Totti e Javi.
Xa no desconto, o xemelgo Fernando recolle un rexeite desde uns 30 metros e empala o balón, que acaba colandose por riba, ante o que o porteiro visitante non pode chegar, para algarabía da afección e equipo local que rescatou un punto que pode ser de ouro. Non foi o gol desde 45 metros de Nayim a Seaman na final da Recopa Zaragoza-Arsenal de 1995, pero faltoulle pouco.
Quedan tres xornadas, e o As Pontes é quinto pola cola con 30 puntos, por 27 do Rápido de Neda, 26 de Narón BP B, 25 de Barallobre, e 15 de Valdoviño, xa matemáticamente último clasificado con 15 puntos.
Quedan 3 encontros por desputar, visitar a Ánimas e San Sadurniño que non se xogan nada clasificatoriamente, agás a honra, e recibir ó Cedeira que está segundo loitando a primeira praza con Meirás. Sería moi bo conseguir alomenos entre 3 ou 4 puntos.
Xogaron Iván Parapar, Alberto (Hugo Gegundez 80´), Fernando, Palas, Carlos, Totti, Javi, Guille (Hugo Cascudo 50´), Fermín (Borja 50´), Púas e Moya (Adrián Criado 70´).



































Nova cortesía de A.F. e Xose Ferreiro
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)

